sábado, 26 de abril de 2014

DÍA DEL EXILIADO ESPAÑOL > COMISIÓN POR LA RECUPERACIÓN DE LA MEMORIA DE LA CORUÑA SOBRE PROYECTO DE LEY DE DIPUTADO ARGENTINO JORGE RIVAS

Netos de galegos en Arxentina impulsan unha lei para lembrar os republicanos

Un deputado, fillo de galegos, presentará unha proposta para que se instaure o Día Nacional do Exiliado Español en Arxentina. O proxecto lexislativo destaca o traballo realizado polos galegos a prol da República.

 Este 14 de abril, 83 anivesario da proclamación da II República Española, o deputado arxentino Jorge Rivas, que é fillo de galegos, presenta na Cámara de Diputados del Congreso Nacional Argentino un de lei para intituir o 14 de Abril como Día Nacional do Exiliado Español en la República Argentina¨.
Manifestación a prol da República Española no centro de Buenos Aires

Deste xeito, en Buenos Aires, ademais das tradicionais conmemoracións pola proclamación da II República Española, como a convocada no Centro Betanzos de Bos Aires, vaise presentar unha proposta para homenaxear aos exiliados galegos e españois en Arxentina.

A iniciativa do diputado socialista Jorge Rivas e a Agrupación política Federico García Lorca esta acompañada polos denunciantes dos Crímenes Franquistas na xustiza arxentina e militantes republicanos no país austral. Entre os impulsores destaca a presenza de fillos e netos de galegos.






Descendentes de galegos nas manifestacións a prol da República Española en Arxentina
O papel dos galegos republicanos en Arxentina
O proxecto de lei resalta nos seus fundamentos a pegada histórica que deixaron os exiliados españois na política e cultura arxentina resaltando e, especialmente, o papel que tiveron os galegos. Tras nomear a figuras como Rafael Alberti, Alejandro Casona e Manuel de Falla sinala a destacada labor editorial dos galegos que ¨fundaron en Buenos Aires las editoriales Emecé, Sudamericana y Botella al Mar, y quienes editaron la revista De mar a mar”.

A conmemoración do 14 de abril como expresa o proxecto constituen tamén unha homenaxe “a todos aquellos inmigrantes españoles que se vieron obligados a abandonar su patria en busca de un mejor porvenir, y con el objeto de no olvidar las desgracias que ocasiona a un pueblo una guerra entre hermanos¨. E ten como propósito ¨invitar a la reflexión sobre las consecuencias que lleva la ruptura de los procesos democráticos y la pérdida de los valores constitucionales¨.

Así mesmo os impulsores manifestan que a institución do Día do exiliado español "Indefectiblemente nos llevará a recordar en este día y en todo el territorio de la República Argentina, también a l@s desaparecid@s, asesinad@s, perseguid@s y ultrajad@s por el régimen Franquista. Reflexionar sobre las problemáticas actuales provocadas por la falta de Memoria, Verdad y Justicia en España¨ que segundo a perspectiva deles ten como consecuencia que España hoxe estea ¨ a la deriva sin poder recuperar la identidad política y cultural que la II República supo construir en base a las necesidades de su pueblo".